DEFINICIÓN - MISIÓN, VISIÓN, VALORES

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) é un organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Traballo e Economía Social. O SEPE, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, forman o Sistema Nacional de Emprego. Este sistema asume as funcións do extinto Instituto Nacional de Emprego (INEM) desde 2003 . Desde esta estrutura estatal promóvense, deseñan e desenvolven medidas e accións para  o emprego, cuxa execución é descentralizada, axustadas ás diferentes realidades territoriais.

O organismo está composto por:

  • Uns servizos centrais.
  • 52 direccións provinciais.
  • Unha ampla rede de oficinas presenciais distribuídas polas 50 provincias do Estado español e as cidades de Ceuta e Melilla, desde as que se xestionan os trámites de prestacións por desemprego. Nas de Ceuta e Melilla, tamén se xestionan os trámites de emprego e formación.

Ademais, dispón dos seguintes servizos:

  • Un servicio de atención telefónica al ciudadano ( 900 81 24 00 ) tambén en teléfonos provinciales.
  • Un servizo de atención telefónica ás empresas ( 901 01 09 90 ) para o envío de ficheiros XML.
  • Un espazo web, www.sepe.es, desde o que se accede a servizos de prestacións e emprego, así como a diversa información.

O SEPE traballa por e para a sociedade. A actividade que desenvolvemos céntrase en satisfacer e investigar as necesidades do noso público:

  • Traballadores en activo.
  • Traballadores desempregados e desempregados de longa duración.
  • Emprendedores que teñan unha idea de negocio.
  • Mozos.
  • Empresas.

Contribuír ao desenvolvemento da política de emprego, xestionar o sistema de protección por desemprego e garantir a información sobre o mercado de traballo co fin de conseguir, coa colaboración dos Servizos Públicos de Emprego Autonómicos e demais axentes do ámbito laboral, a inserción e permanencia no mercado laboral da cidadanía e a mellora do capital humano das empresas.

Alcanzar a excelencia na xestión dos nosos servizos á cidadanía, aproveitando as novas tecnoloxías, e liderar a contribución do Sistema Nacional de Emprego para incrementar a calidade do mercado de traballo.

Os valores que determinan os principios que o SEPE ha de considerar para alcanzar os obxectivos que persegue son os seguintes: 

  • Cultura de servizo á cidadanía: O SEPE traballa por e para a sociedade. A vocación de servizo público das persoas da organización fai que o nivel de satisfacción aumente con cada usuario satisfeito. Toda a actividade do organismo debe centrarse en investigar as necesidades dos seus clientes e orientar o traballo a satisfacelas da maneira máis eficaz.
  • Capacidade innovadora: O valor engadido do SEPE pono as persoas que traballan nel, xa que a nova realidade laboral obriga á innovación no tratamento da procura e orientación no emprego. Desta maneira, os cambios que adopta a organización teñen un reflexo automático nos usuarios.
  • Colaboración cos outros axentes: Co obxectivo de ofrecer o mellor servizo ao cidadán, o SEPE, dada a súa condición de servizo público, potencia a colaboración co resto de actores do ámbito laboral e mellora a coordinación con outras institucións, mesmo a nivel europeo.
  • Compromiso co persoal da organización: O SEPE conta cun equipo con alto nivel de vocación de Servizo Público. O bo servizo ao cidadán pasa por unha boa xestión dos recursos humanos, cuxas bases son a comunicación, a claridade organizativa, o compromiso coas persoas da organización e o seu desenvolvemento profesional. A organización debe dar moito valor ao traballo en equipo, a colaboración e a mellora das condicións de traballo.
  • Calidade na xestión: Mediante a calidade lógrase trasladar o resto de valores ao terreo da práctica. Dar servizo é facelo eficazmente, a tempo, de forma sustentable e responsable, con iniciativa e mellora continua. A calidade empeza na detección das necesidades dos clientes e continúa na avaliación da calidade percibida por eles.