SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN FINANCEIRA

Subdirector Xeral:

D. Jaime Noguerales Wandelmer

C/.Condesa de Venadito, 9-28027-Madrid.
Teléfono: 91 275 16 03/04
Fax: 91 585 98 86

 

Con nivel orgánico de Subdirección Xeral e dependencia directa do Director/a Xeneral do Servizo Público de Emprego Estatal, corresponden a esta unidade as seguintes

Funcións:

     a) Efectuar a preparación e seguimento dos contratos administrativos e contratos privados que celebre o Servizo Público de Emprego Estatal, así como o inventario mobiliario e inmobiliario.

      b) O exercicio das funcións relativas á xestión orzamentaria, contable e financeira do Servizo Público de Emprego Estatal.

      c) Preparar e confeccionar o anteproxecto de orzamentos de ingresos e gastos, tramitar os expedientes de modificacións orzamentarias e realizar o seguimento da execución do orzamento.

      d) Efectuar a xestión e control da contabilidade á que está suxeita a execución do orzamento aprobado, así como a preparación da conta anual de liquidación.

      e) Xestionar a tesouraría, habilitando os pagos do exercicio da actividade institucional financiada co orzamento autorizado, así como supervisar todas as contas coas que opera o organismo.

      f) Realizar a coordinación financeira e de xestión das axudas de fondos de procedencia europea, garantindo a presentación das xustificacións das accións realizadas, correspondentes a formas de intervención comunitaria de titularidade do Servizo Público de Emprego Estatal, así como o seguimento do cofinanciamento europeo.

      g) En relación coas comunidades autónomas corresponde a esta Subdirección Xeral o exercicio da coordinación financeira dos créditos das subvencións xestionadas, distribuídos anualmente pola Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais, mediante a aplicación dos criterios obxectivos de distribución ás dotacións orzamentarias a tal fin habilitadas, así como a tramitación económica-administrativa dos regulamentarios libramientos de fondos.

      h) O control e seguimento financeiro-orzamentario dos convenios de colaboración que subscriba o organismo.