SUBDIRECCIÓN XERAL DE ESTATÍSTICA E INFORMACIÓN

Subdirector Xeral:

D. Federico Muñiz Alonso

C/. Condesa de Venadito, 9-28027-Madrid.
Teléfono: 91 275 15 70/71
Fax: 91 585 97 61

1

 

Con nivel orgánico de Subdirección Xeral e dependencia directa do Director/a Xeneral do Servizo Público de Emprego Estatal, corresponden a esta unidade as seguintes

Funcións:

      a) Establecer conxuntamente coas comunidades autónomas o contido da información, resultados da xestión das políticas activas de emprego, intermediación laboral e prestacións por desemprego, que debe ser compartida e integrada nunha base de datos común aos Servizos Públicos de Emprego, así como definir as regras de creación, funcionamento, ou modificación do seu contido, no marco do Sistema de Información dos Servizos Públicos de Emprego.

       b) Elaborar e difundir as estatísticas e informes estandarizados en materia de mercado laboral, políticas de emprego e para a realización do seguimento e as avaliacións dos Plans de Execución da Estratexia Europea de Emprego e de Programa Anual de Traballo do Sistema Nacional de Emprego, así como atender aos requirimentos de información demandados polas Administracións Públicas e organismos internacionais en relación co Sistema Nacional de Emprego.

       c) Manter e actualizar o Observatorio Ocupacional do Servizo Público de Emprego Estatal, elaborando estudos e informes en materia de emprego, formación e protección por desemprego; supervisando e analizando a súa calidade, como base para a definición de estratexias, plans e programas que dean contido ás políticas de emprego, en cooperación coas comunidades autónomas e a coordinación coa Rede de Observatorios dos Servizos Públicos de Emprego.

       d) Analizar a situación nacional de emprego que posibilite a ordenación dos fluxos migratorios.

       e) Desenvolver a proposta, coordinación e seguimento do plan de estudos do Servizo Público de Emprego Estatal dentro do ámbito do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

       f) Xestionar os fondos documentais do Servizo Público de Emprego Estatal.