Que é o SEPE

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) é un organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social. O SEPE, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, forman o Sistema Nacional de Emprego. Este sistema asume as funcións do extinto Instituto Nacional de Emprego (INEM) dende 2003. Dende esta estrutura estatal promóvense, deséñanse e desenvólvense medidas e accións para o emprego, cuxa execución é descentralizada, axustadas ás diferentes realidades territoriais.

A nosa organización

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) é un organismo autónomo adscrito, actualmente, ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, composto por:

  • Uns servizos centrais.
  • 52 direccións provinciais.
  • Unha ampla rede de oficinas presenciais distribuídas polas 52 provincias do Estado español, dende as que se xestionan os trámites de prestacións por desemprego. Nas de Ceuta e Melilla, tamén se xestionan os trámites de emprego e formación.

Ademais, dispón dos seguintes servizos:

  • Un servizo de atención telefónica ao cidadán (901 119 999) e ás empresas (901 010 121).
  • Un espazo web, www.sepe.es, dende o que se accede a servizos de prestacións e emprego, así como a diversa información.

As nosas funcións

A actividade que desenvolvemos céntrase na ordenación, desenvolvemento e seguimento dos programas e medidas da política de emprego. No seo do Sistema Nacional de Emprego, reforzamos a coordinación entre todos os axentes que interveñen no mercado de traballo.

As nosas principais funcións son:

  • Planificar e impulsar propostas de políticas de emprego centradas nas necesidades das persoas e das empresas: orientación profesional mediante itinerarios individuais e personalizados, formación para o emprego, programas de fomento do emprego, etc.
  • Xestionar e controlar as prestacións por desemprego, facendo efectivo o dereito das persoas desempregadas a protección.
  • Realizar investigacións, estudos e análise, de ámbito estatal e provincial, sobre a situación do mercado de traballo e as medidas para melloralo.

Estas funcións son realizadas para ofrecer un servizo áxil de forma proactiva, con anticipación ás novas necesidades e axustado a estas.

O noso público

O SEPE traballa por e para a sociedade. A actividade que desenvolvemos céntrase en satisfacer e investigar as necesidades do noso público:

  • Traballadores, tanto desempregados como en activo.
  • Emprendedores que teñan unha idea de negocio.
  • Mozos.
  • Empresas.