Que é o SEPE? - Misión, visión, valores

SEPE

O Servizo Público de Emprego Estatal, SEPE, é un organismo autónomo da Administración Xeral do Estado, adscrito actualmente ao Ministerio de Emprego e SeguridadeSocialao que se lle encomenda a ordenación, desenvolvemento e seguimento dos programas e medidas da Política de Emprego, no marco do establecido na Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego.

O SEPE está composto por:

  • Uns Servizos Centrais.
  • 52 Direccións Provinciais, incluídas Ceuta e Melilla.
  • Unha ampla rede de Oficinas distribuídas polas 50 provincias, Ceuta e Melilla, nas que se xestionan as prestacións por desemprego mediante a atención presencial. Nas de Ceuta e Melilla tamén se xestionan os trámites de emprego e formación.
  • Unha rede de atención telemática (RATEL) con 52 oficinas virtuais.

Diriximos os nosos servizos a:

  • Persoas traballadoras, tanto desempregadas como en activo.
  • Persoas emprendedoras que teñan unha idea de negocio.
  • Empresas.
  • Misión

    Contribuír ao desenvolvemento da política de emprego, xestionar o sistema de protección por desemprego e garantir a información sobre o mercado de traballo co fin de conseguir, coa colaboración dos Servizos Públicos de Emprego Autonómicos e demais axentes do ámbito laboral, a inserción e permanencia no mercado laboral da cidadanía e a mellora do capital humano das empresas.

    Visión

    Acadar a excelencia na xestión dos nosos servizos á cidadanía, aproveitando as novas tecnoloxías, e liderar a contribución do Sistema Nacional de Emprego para incrementar a calidade do mercado de traballo.

    Valores da institución

    Os valores que determinan os principios que o SEPE debe considerar para acadar os obxectivos que persegue son os seguintes: 

    • Cultura de servizo á cidadanía: O SEPE traballa por e para a sociedade. A vocación de servizo público das persoas da organización fai que o nivel de satisfacción aumente con cada usuario satisfeito. Toda a actividade do organismo debe centrarse en investigar as necesidades dos seus clientes e orientar o traballo a satisfacelas da maneira máis eficaz.
    • Capacidade innovadora: O valor engadido do SEPE póñeno as persoas que traballan nel, xa que a nova realidade laboral obriga á innovación no tratamento da busca e orientación no emprego. Deste xeito, os cambios que adopta a organización teñen un reflexo automático nos usuarios.
    • Colaboración cos outros axentes: Co obxectivo de ofrecer o mellor servizo ao cidadán, o SEPE, dada a súa condición de servizo público, potencia a colaboración co resto de actores do ámbito laboral e mellora a coordinación con outras institucións, mesmo a nivel europeo.
    • Compromiso co persoal da organización: O SEPE conta cun equipo con alto nivel de vocación de servizo público. O bo servizo ao cidadán pasa por unha boa xestión dos recursos humanos, cuxas bases son a comunicación, a claridade organizativa, o compromiso coas persoas da organización e o seu desenvolvemento profesional. A organización debe dar moito valor ao traballo en equipo, a colaboración e a mellora das condicións de traballo.
    • Calidade na xestión: Mediante a calidade lógrase trasladar o resto de valores ao terreo da práctica. Dar servizo é facelo con eficacia, a tempo, de xeito sustentable e responsable, con iniciativa e mellora continua. A calidade empeza na detección das necesidades dos clientes e continúa na avaliación da calidade percibida por eles.

     

Documentación