Sede electrónica

Traballo en catro casas por horas. Se me despiden dunha delas, podería cobrar o paro?, poderíao compatibilizar?

Se realiza traballos a tempo parcial para catro casas e perde un deles, mantendo os outros tres contratos, poderá percibir a prestación por desemprego polo cesamento no traballo que perde, sempre que a suma das xornadas dos empregos que mantén non alcance a duración da xornada a tempo completo.
Da contía da prestación resultante restarase a parte proporcional á xornada de traballo que realice nos empregos que mantén.