Sede electrónica

Onde podo atopar na aplicación Certific@2 os códigos necesarios para codificar a información dun ficheiro XML?

Dentro do menú principal da aplicación Certific@2, a través da opción Axuda XML-Última Versión-Táboas de códigos, existen unha serie de ficheiros que conteñen a información cos códigos necesarios para cumprimentar algúns dos campos que necesitan os ficheiros XML. (Ex. TKDIASAC.txt contén os códigos posibles para encher o campo Código de Actividade).

Nos manuais de usuario detállanse todos os campos necesarios para crear o ficheiro XML (descrición, formato e lonxitude e validación); é alí onde se fai referencia ao nome da táboa necesaria.