CANDO FINALICE O MEU CONTRATO DE EMPREGADO/A DE FOGAR, TEÑO DEREITO AO PARO?

Se só acredita cotizacións no Sistema Especial para Empregados de Fogar non tería dereito á prestación por desemprego, xa que no devandito Sistema non se cotiza a desemprego.

Non obstante o anterior, terá dereito á prestación por desemprego se no seis anos anteriores á súa alta na Seguridade Social como empregada ou empregado de fogar cotizou, polo menos, 360 días no Réxime Xeral ou noutro Réxime de Seguridade Social con cotización por desemprego, sempre que a baixa como persoa empregada de fogar non fose voluntaria. Para a dita prestación non se terán en conta as cotizacións no Sistema Especial de Empregados de Fogar.

Para máis información pode chamar ao teléfono de atención á cidadanía ou consultar a nosa páxina web.