SITUACIÓN LEGAL DE DESEMPREGO

Situacións legais de desemprego son as causas polas que finaliza ou se suspende a relación laboral que non dependen da vontade da persoa traballadora.

Permiten ás persoas traballadoras acceder ás prestacións por desemprego, sempre que reúnan os requisitos esixidos.

A continuación enuméranse as situacións legais de desemprego.

  • Despedimento.
  • Finalización da relación de traballo por falecemento, xubilación ou incapacidade da empresaria ou empresario.
  • Finalización do contrato temporal por expiración do tempo convido ou realización da obra ou servizo obxecto do contrato.
  • Cesamento por non superar o período de proba.
  • Finalización do período de actividade produtiva.
  • Finalización da relación administrativa temporal de persoal funcionario de emprego e persoal contratado administrativo.
  • Cesamento como socia ou socio traballador dunha cooperativa en período de proba, expulsión improcedente, ou cesamento temporal ou definitivo na actividade da cooperativa por causas económicas, tecnolóxicas, organizativas, de produción ou por forza maior, finalización do vínculo societario de duración determinada.
  • Finalización ou suspensión da relación de traballo por ser vítima de violencia de xénero.
  • Decisión da persoa traballadora de finalizar a relación laboral por algunha das causas seguintes:
    • Modificación das condicións de traballo (horario, xornada...)
    • Falta de pago ou atraso continuado do pago do salario.
    • Traslado do centro de traballo.

Ademais existen outras circunstancias cualificadas como situacións legais de desemprego que non derivan da finalización ou suspensión dun contrato de traballo, son as seguintes:

  • O retorno desde o estranxeiro dunha persoa traballadora española emigrante.
  • A liberación dun centro penal ou de internamento.
  • A declaración de plenamente capaz ou de incapacidade permanente parcial, como consecuencia dun expediente de revisión por melloría dunha situación de incapacidade nos graos de total, absoluta ou gran invalidez.