Sede electrónica

Transmisión de comunicacións de períodos de actividade do mecanismo REDE

Este servizo permite o envío a través de Internet, por parte das empresas, de comunicacións de períodos de actividade e outras situacións producidas durante a vixencia das campañas das persoas traballadoras fixas descontinuas ou durante os períodos de suspensión laboral ou redución da xornada ordinaria de traballo, autorizados por Expediente de Regulación de Emprego, así como os derivados da aplicación do mecanismo REDE, alí onde fose autorizado.

En que consiste?

Consiste en ofrecer a posibilidade, a calquera empresa que teña acceso a internet, de comunicar ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) os períodos de actividade de todas aquelas persoas traballadoras afectadas  por un expediente de regulación de emprego ou un mecanismo REDE, así como a actividade de  fixos descontinuos.

Esta comunicación pódese efectuar utilizando a aplicación da tecnoloxía XML, mediante o tratamento de ficheiros en formato XML cuxa xestión de envío é manual. Require a intervención dunha persoa usuaria para, unha vez o ficheiro foi creado, proceder a seleccionalo e envialo ao SEPE.

Para a xeración deste ficheiro XML, existe un asistente dentro da aplicación Certific@ 2 .

Como funciona o servizo?

Para utilizar a aplicación Certific@ 2 , as persoas usuarias deben dispor de autorización para a transmisión telemática de datos aos Servizos Públicos de Emprego, obtida previamente conforme o definido na aplicación Contrat@, ou de firma electrónica expedida por algunha das autoridades de certificación.

Para os ficheiros XML enviados a través do acceso á aplicación Certific@ 2 , realízanse dous niveis de control:

  • Control de formato. Realízase en tempo real, no mesmo momento no que se envía o ficheiro. En caso de detectarse erro, especifícase este e o ficheiro non é enviado para o seu procesamento no SEPE. En caso contrario o ficheiro envíase ao SEPE para o seu procesamento.
  • Resto de controis. Realízanse cando o ficheiro foi enviado ao SEPE. Como resultado deste segundo nivel de control, procederase a enviar un correo electrónico informando o resultado definitivo do proceso: procesado correctamente ou rexeitado, nese caso achegaranse os erros detectados.

Ademais, en cada envío pódense anexar ata 10 ficheiros XML.

As persoas usuarias da aplicación Certific@ 2 deben comunicar os datos de actividade laboral do mes ou meses anteriores. A comunicación de períodos de actividade pódese realizar durante as 24 horas do día, todos os días do ano, tendo a autorización previa do traballador.

A transmisión telemática de datos por unha persoa usuaria autorizada respecto dos períodos de actividade laboral do colectivo das persoas traballadoras fixas descontinuas ou das persoas afectadas por un Expediente de Regulación de Emprego de suspensión ou redución de xornada, así como mecanismo REDE, permitirá a xestión por parte da entidade xestora da solicitude de continuación de prestacións e subsidios por desemprego das este persoas traballadoras.

Cales son os beneficios?

Con esta aplicación que o Servizo Público de Emprego Estatal pon a disposición das empresas, preténdese a simplificación dos trámites para o recoñecemento e a redución dos prazos dos Expedientes de Regulación de Emprego e mecanismo REDE.