PUBLICACIÓN DE OFERTAS

O Servizo Público de Emprego Estatal, SEPE, ofrece o portal de emprego Emprégache aos cidadáns e ás empresas, desde o cal se pode realizar unha interacción directa, libre, sinxela, e gratuíta entre ofertantes (empresas) e demandantes de emprego (cidadanía). O portal Emprégache ofrece, entre outras, as seguintes posibilidades aos seus usuarios:

  • Coñecer as ofertas inapropiadas: O usuario ten a posibilidade de identificar o contido dunha oferta de emprego publicada no portal como inapropiado.
  • Coñecer as ofertas en prácticas: Identifícanse dentro de Emprégache as ofertas clasificadas polos portais colaboradores como ofertas en prácticas. Permítese ás empresas dadas de alta en Emprégache publicar ofertas no portal con este tipo de contrato. O usuario demandante de emprego pode acceder facilmente, facendo uso dos filtros do buscador de ofertas do portal, ás ofertas clasificadas deste xeito.
  • As empresas de economía social poden darse de alta en Emprégache indicando a súa condición de empresa de economía social.
  • En Emprégache incorpóranse todas as ofertas de emprego dos portais colaboradores.

Empresas españolas:

Se es unha empresa española, accede ao Portal Emprégache e pica en REXÍSTRACHE ¡AGORA!

Empresas estranxeiras:

Se es unha empresa estranxeira, buscas talento e queres incluír unha oferta de emprego no  portal de emprego Emprégache, segue estes pasos:

  1. Descargar e gardar antes de cumprimentar o Formulario de recollida de datos.
  2. Envía o formulario cumprimentado a ofertas.internacionales@sepe.es.
  3. O Centro de Atención ao Usuario (CAU) do Servizo Público de Emprego Español (SEPE), porase en contacto contigo e facilitarache as instrucións para darche de alta no portal de emprego Emprégache.
  4. Nese momento deberás crear un usuario e un contrasinal.
  5. No prazo máximo de horas, 48 o CAU enviarache unha mensaxe comunicándoche a activación do teu usuario e o teu contrasinal.
  6. A partir de agora a túa empresa poderá publicar as súas ofertas de traballo en portal de emprego Emprégache en calquera momento e facer o seu seguimento, contactando con traballadores e seleccionando os que se axusten ao perfil solicitado.

Máis información