DATOS ESTATÍSTICOS DE EMPREGO

Metodoloxía SISPE 

O 3 de maio de 2005 entrou en vigor o novo modelo de xestión SISPE que integra a información relativa ás políticas activas de emprego e ás prestacións por desemprego, que levan a cabo os Servizos Públicos de Emprego, Estatal e Autonómicos.

Este novo sistema fixo necesario un cambio na forma en que se determinan os colectivos que deben ser excluídos das demandas pendentes, para obter o paro rexistrado, conforme á Orde Ministerial de marzo de 1985.

A comparación desta nova metodoloxía e a que se realizaba ata maio de 2005, pódese consultar no documento Influencia da implantación SISPE no paro rexistrado (pdf - 561 KB) .