CARTEIRA COMÚN DE SERVIZOS DO SISTEMA NACIONAL DE EMPREGO

2015

Entre as funcións do Sistema Nacional de Emprego está a de determinar e ter actualizada unha Carteira Común de Servizos a prestar polos Servizos Públicos de Emprego que garanta, en todo o Estado, o acceso en condicións de igualdade a un servizo público e gratuíto de emprego.

Os servizos da Carteira Común, aprobada polo Real Decreto 7/2015, teñen como finalidade axudar aos traballadores a atopar un emprego adecuado ás súas características e aos empregadores a contratar traballadores apropiados ás súas necesidades, facilitar a mobilidade profesional e xeográfica a fin de corrixir os desaxustes entre a oferta e demanda de emprego, recoller e analizar a situación e evolución do mercado de traballo, vincularse co sistema de protección do desemprego con suxeición ao compromiso de actividade e coordinarse co resto de políticas activas de emprego.

A Carteira Común de Servizos constitúe un compromiso dos Servizos Públicos de Emprego coas persoas e empresas usuarias dos mesmos. O acceso ás prestacións incluídas en cada servizo garántese, en condicións de calidade e equidade, aos usuarios do conxunto do territorio nacional con independencia do lugar en que se atopen.

icono descarga

Descarga esta publicación