Sede electrónica

Traballar no verán

2021

Traballar no estranxeiro durante algún tempo pode aumentar enormemente os niveis de capacitación e as posibilidades de atopar un traballo mellor no propio país. Cada vez máis persoas recoñecen as vantaxes de adquirir experiencia profesional desta forma.

Traballar durante as vacacións de verán no estranxeiro para mellorar outro idioma, para coñecer outros países, para establecer vínculos con outros mozos, é un proxecto enriquecedor que necesita planificación.

Os Servizos Públicos de Emprego do EEE dispoñen dunha rede de cooperación para facilitar a libre circulación de traballadores: EURES (European Employment Services), que proporciona de maneira gratuíta información sobre ofertas de emprego, situación do mercado de traballo e condicións de vida noutros países.

Se estas interesado en traballar en Europa durante os meses de verán, neste folleto podes atopar un resumo dos principais factores a ter en conta.

Índice

  • Traballar no verán
  • Buscar traballo
  • Traballar como au-pair
  • Traballar nun cruceiro
  • Traballar en hostalaría
  • Traballar como socorrista
  • Traballar en parques acuáticos e de atraccións
  • Agricultura: recollida de froita
  • Outras ligazóns de interese