
PROCURA ACTIVA DE EMPREGO
Consideraranse actuacións de procura activa de emprego (BAE) cada unha das seguintes:
- Traballo por conta propia ou allea.
- Inscrición en, polo menos, unha axencia de colocación.
- Envío ou presentación de currículos en, polo menos, tres empresas distintas.
- Realización de, polo menos, unha entrevista de traballo.
- Inscrición como solicitante de emprego en, polo menos, dous portais de emprego públicos ou privados.
- Presentación, polo menos, a unha oferta de traballo xestionada polos Servizos Públicos de Emprego.
- Calquera acción formativa ou de información dirixida ao autoemprego e emprendimiento, ofertada polos Servizos Públicos de Emprego.
Constituirá acreditación suficiente do cumprimento desta obriga o certificado expedido por unha axencia de colocación que inclúa, ademais da inscrición da persoa solicitante na mesma, a realización por esta de dúas das actuacións entre a terceira e sexta anteriores.