Sede electrónica

Centro Europeo para o Desenvolvemento da Formación Profesional (CEDEFOP)

Cedefop é a Axencia da Unión Europea de desenvolvemento da Formación Profesional (FP) fundada en e 1975 con sede actual en Tesalónica (Grecia) Proporciona á Comisión Europea, os Estados membros e os interlocutores sociais, información detallada sobre os avances e tendencias da FP e ofrece, así mesmo, datos e asesoramento técnico sobre como as políticas europeas de formación profesional poden afrontar os desafíos aos que fai fronte a sociedade.

Actualmente Cedefop centra as súas actividades en tres ámbitos: o apoio á modernización dos sistemas de FP; as carreiras e transicións profesionais, a aprendizaxe ao longo da vida: FP continua, aprendizaxe de adultos e aprendizaxe no posto de traballo; así como a análise das competencias profesionais: previsións e desaxuste entre a oferta e demanda de competencias.