QUE É O SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Formación Profesional para o Emprego

O sistema de Formación Profesional para o Emprego no ámbito laboral ten por finalidade impulsar e realizar unha formación que contribúa ao desenvolvemento persoal e profesional das persoas traballadoras (ocupadas e desempregadas), mellorando a súa empregabilidade e a súa  promoción no traballo. Esta formación responde as necesidades do mercado laboral e está orientada á mellora da competitividade empresarial.

Inclúe distintas iniciativas e programas de formación que se desenvolven no marco do Sistema Nacional de Emprego, a través do Servizo Público de Emprego Estatal e dos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas.

Fins e Principios do Sistema de Formación Profesional para o emprego