SE CAPITALIZO A MIÑA PRESTACIÓN POR DESEMPREGO, A QUE AXUDAS E SUBVENCIÓNS COMPLEMENTARIAS PODEREI ACCEDER?

Se se lle abona no pago único a totalidade da prestación pendente de percibir, poderá obter a subvención das cotas á Seguridade Social.

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ou o autonómico, abonará o 50 % da cota ao réxime correspondente da Seguridade Social como persoa traballadora autónoma, calculada sobre a base mínima de cotización, ou o 100 % da achega da persoa traballadora nas cotizacións ao correspondente réxime da Seguridade Social.

En ambos os casos, abonarao durante o tempo que durase a prestación por desemprego de non percibir o pago único.

Ademais do pago único da prestación por desemprego e o abono de cotas á Seguridade Social, se quere constituírse como autónomo ou autónoma, poderá contar ademais coas seguintes axudas:

  1. De asistencia técnica.
  2. Subvención financeira.
  3. Subvención por Renda de Subsistencia.

No caso de que queira converterse en autónoma ou autónomo e teña a condición de persoa con discapacidade, poderá beneficiarse de:

  1. Subvención parcial de intereses.
  2. Subvención para investimento en capital fixo.

A xestión destas axudas deberá realizala ante a Dirección Provincial do SEPE, se reside nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla. No caso das Comunidades Autónomas deberá dirixirse ao servizo público de emprego autonómico.

Se solicita o pago único da prestación para constituír unha cooperativa laboral ou unha sociedade laboral ou incorporarse como socio ou socia ás mesmas, as axudas que pode obter deberán ser solicitadas polas propias empresas, que serán as beneficiarias das mesmas, dentro dos programas de axudas e subvencións ao fomento da economía social.

Poderán ser obxecto de subvención as seguintes accións:

  • Incorporación de persoas desempregadas como socias traballadoras ou socias de traballo.
  • Subvencións de intereses de préstamos.
  • Axudas de asistencia técnica.
  • Subvención de investimentos en activo fixo.
  • Subvención para cooperativas de ensino.
  • Subvención de actividades de formación, de difusión e de fomento.
  • Axudas a entidades asociativas de Cooperativas e Sociedades Laborais.

Para a información e xestión destas axudas deberase dirixir ao organismo autonómico competente, salvo nas cidades de Ceuta e Melilla, en que deberá presentar as solicitudes ante a Dirección Xeral de Fomento da Economía Social e do Fondo Social Europeo.

Máis información en: Capitalice a súa prestación.