
Como se fai o proxecto de estatutos da sociedade cooperativa ou laboral?
Os estatutos da cooperativa ou da sociedade laboral han de ser redactados de acordo co previsto nas disposicións legais de carácter estatal e autonómico que as regulan.
Para a realización do proxecto dos citados estatutos é aconsellable que acuda aos servizos de información e atención á cidadanía que, a nivel estatal, autonómico e local, existen para facilitar axuda na posta en marcha de proxectos empresariais.
Tamén pode consultar a algún profesional con experiencia na materia ou mesmo recibir o asesoramento da propia notaría onde se realizará o outorgamento de escritura pública e a protocolización dos estatutos.
Convén tamén lembrar que, naquelas Comunidades Autónomas que asuman a competencia e lexislen na materia, a normativa estatal só aplicarase en defecto da súa propia normativa.