POR ERRO DO SEPE, NON É CORRECTO ALGÚN DOS MEUS DATOS PERSOAIS (NOME, DIRECCIÓN,…), ONDE E COMO PODO RECLAMAR?

As Administracións Públicas poderán rectificar en calquera momento, de oficio ou a solicitude das persoas interesadas, os erros materiais, de feito ou aritméticos derivados dos seus actos.

En calquera momento, vostede poderá presentar na súa oficina de prestacións un escrito indicando o erro, achegando a documentación necesaria que xustifique os datos correctos; para iso debe pedir cita previa a través da Sede Electrónica do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ou por teléfono .

No caso de que non poida presentar o escrito directamente nalgunha das oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), poderao realizar en:

  • Os rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, á da súa Comunidade Autónoma, ou á dalgunha das entidades que integran a Administración Local (se neste caso existise o oportuno convenio).
  • As oficinas de Correos.
  • As representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
  • As oficinas de asistencia en materia de rexistros.
  • Calquera outro rexistro que establezan as disposicións vixentes.