Sede electrónica

Recoñécenme o paro con atraso, podo reclamar xuros de mora ao Servizo Público de Emprego Estatal?

Se a Administración non paga dentro do tres meses seguintes ao día de notificación da resolución xudicial ou do recoñecemento da obriga, terá que aboarlle sobre a cantidade debida o interese legal do diñeiro fixado pola Lei de Orzamentos.

Deberá reclamalo por escrito unha vez transcorrido o prazo de tres meses.

Con todo, no caso do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), o atraso pode darse no recoñecemento da prestación, pero o pago, unha vez recoñecida, prodúcese dentro do mes seguinte, por tanto, non se dan os requisitos que a Lei determina para a aplicación de xuros de mora.

As causas do atraso no recoñecemento (o que se coñece como demora) adoitan ser alleas á vontade do SEPE. Normalmente están provocadas porque é necesario emendar ou mellorar a solicitude, pola falta de documentación e o atraso en achegala por parte da persoa solicitante ou a necesidade de informes para resolver a dita solicitude (por exemplo, da Inspección de Traballo ou do Instituto Nacional da Seguridade Social).

Todas estas circunstancias poden atrasar a resolución que aprobe a prestación por desemprego, pero nunca atrasarán o pago cando a resolución fose ditada.