SE ME AFECTA UN ERE OU ERTE DEBO INSCRIBIRME COMO DEMANDANTE DE EMPREGO PARA COBRAR O PARO?

A solicitude da prestación por desemprego require da súa inscrición previa como demandante de emprego, polo que, antes da solicitude ou simultaneamente, deberá inscribirse no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ou Servizo de Emprego Autonómico que lle corresponda.

No entanto, nos casos de procedementos de regulación de emprego de suspensión ou redución de xornada, os servizos públicos de emprego poderán aprobar fórmulas que permitan a inscrición colectiva das persoas traballadoras afectadas, sen necesidade de que se presenten na oficina de emprego.