Sede electrónica

Por que causas podo deixar de cobrar o paro?

Pode deixar de percibir a prestación por desemprego por algunha das seguintes causas:

  • Porque a súa prestación se esgotase por transcurso da duración da mesma.
  • Por compensación dun cobro indebido, é dicir, se debe unha cantidade ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).
  • Polo inicio dun procedemento sancionador. A proposta de sanción que comporta a suspensión da prestación sempre se lle comunicaría por correo certificado.
  • Por algunha causa de incompatibilidade: traballo por conta propia ou por conta allea, recoñecemento dalgunha pensión ou prestación de carácter económico da Seguridade Social.
  • Por ter unha clave de falta de pagamento na súa prestación ao non cobrar o mes anterior. Neste caso, deberá acudir á súa oficina de prestacións, previo pedimento de citaen Internet ou chamando por teléfono .