OS PERÍODOS DE PRESTACIÓN OU SUBSIDIO POR DESEMPREGO SERVEN PARA A MIÑA XUBILACIÓN?

Si, porque durante todos os períodos nos que percibiu prestación contributiva cotizou por xubilación, xa que o Servizo Público de Emprego Estatal encárgase de ingresar as cotizacións por esta continxencia.

No caso dos subsidios por desemprego, unicamente cotizan por xubilación os subsidios para maiores de anos, 52 os subsidios de persoas traballadoras fixas descontinuas maiores de anos 52 e os subsidios de persoas traballadoras fixas descontinuas que acrediten 180 días ou máis de cotización. Neste último caso cotizaranse por xubilación os primeiros 60 días.