
Cobrarei paro ou subsidio se traballo nunha explotación agraria dun membro da miña familia?
Se é vostede unha persoa traballadora agrícola nunha explotación da que é titular un familiar con quen convive, para poder cotizar e acceder á protección por desemprego, deberá probar que vostede é persoa asalariada.
Para estes efectos, considéranse familiares da persoa traballadora o seu cónxuxe ou parentes por consanguinidade, afinidade ou adopción, ata o segundo grao inclusive (fillos e fillas, nai, pai, netos e netas, avós e avoas, irmáns e irmás, cuñados e cuñadas, noras, xenros, sogro e sogra).
Máis información sobre prestacións por desemprego para persoas traballadoras do campo en: “Son unha persoa traballadora do campo".