Sede electrónica

Nunca traballei e busco emprego. Teño dereito a algunha axuda económica de desemprego?

Para ter dereito á prestación contributiva por desemprego, deberás ter cotizado a desemprego, polo menos, 360 días nos últimos 6 anos.

No entanto, hai algunhas situacións nas que as persoas traballadoras poden ter acceso a un subsidio por desemprego, aínda que non traballasen anteriormente en España, sempre que reúnan unha serie de requisitos. Estas situacións son:

  • Ser unha persoa liberada de prisión .
  • Ser emigrante que regresa a España.
  • Perder unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez por melloría do seu estado de saúde .

Para máis información pode chamar ao teléfono de atención á cidadanía.