Sede electrónica

Como solicito o cartón de demanda de emprego?

Se reside nunha Comunidade Autónoma, para inscribirse como demandante de emprego, debe facelo na oficina do servizo público de emprego desta que lle corresponda segundo o seu domicilio.

Debe acudir persoalmente cun documento de identificación (en caso de ser estranxeiro ou estranxeira, tamén o permiso de residencia e/ou traballo), a cartilla da Seguridade Social (no suposto de ser estranxeira ou estranxeiro, este documento achegarao se traballou antes en España) e xustificantes de titulación profesional ou académica, se está en posesión dalgunha.

Se reside en Ceuta ou Melilla, ten que inscribirse como demandante de emprego na oficina do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) que lle corresponda polo seu domicilio, coa documentación indicada no parágrafo anterior.