
Compromiso de actividade
É o compromiso que adquire a persoa solicitante ou beneficiaria das prestacións de buscar activamente emprego, aceptar unha colocación adecuada e participar en accións específicas de motivación, información, orientación, formación, reconversión ou inserción profesional, para aumentar as posibilidades de obter un posto de traballo, obrigándose a cumprir todas aquelas obrigacións previstas nas normas que regulan as prestacións por desemprego. O seu incumprimento sancionarase con infracción leve.
No entanto, a participación en accións de mellora das posibilidades de atopar un posto de traballo, será voluntaria para as persoas beneficiarias de prestacións contributivas durante os 30 primeiros días en que perciben a prestación. Neste caso, se non participan nas mesmas, non levará efectos sancionadores.
Os servizos públicos de emprego terán en conta a condición de vítima de violencia de xénero, a efectos de suavizar, en caso necesario, o cumprimento das obrigacións que impón o compromiso de actividade.