CONCEDÉRONME UNHA BOLSA

 

A prestación por desemprego e o subsidio por desemprego son incompatibles con:

  • A realización en empresas de prácticas non laborais, non ligadas a un plan de estudos, que supoñan estar dentro do Réxime Xeral da Seguridade Social como asimilado ou asimilada a persoa traballadora por conta allea.
  • Con carácter xeral, coa participación en programas de formación vinculados  a estudos universitarios ou de formación profesional nos que se realicen prácticas formativas curriculares ou non curriculares, que non dean lugar a unha relación laboral, pero si supoñan o cobro polas persoas participantes dunha cantidade económica e a súa introdución no Réxime Xeral da Seguridade Social como asimilado ou asimilada a persoa traballadora por conta allea.

Non obstante o anterior, si é posible compatibilizar as prácticas formativas coas prestacións cando se dean as seguintes circunstancias:

    • Que as prácticas en entidades públicas ou privadas estean incluídas no plan de estudos correspondente e que se realicen no marco de colaboración entre aquelas entidades e o centro docente de que se trate.
    • Que a realización das prácticas non requira dedicación exclusiva por parte das persoas participantes, xa que estas han de continuar acreditando que están dispoñibles para buscar activamente emprego,  así como para aceptar unha colocación adecuada.
    • Que a contraprestación económica que perciban as persoas participantes limítese a compensarlles polos gastos derivados da participación en ditas prácticas: material de traballo, locomoción, aloxamento ou manutención  

Naqueles casos en que as prácticas formativas  non leven contraprestación económica algunha, a percepción das prestacións e subsidios por desemprego poden compatibilizarse sempre que continúen cumprindo todos os requisitos esixidos para iso.

Se as prácticas formativas son compatibles coa prestación ou o subsidio por desemprego, o alumno ou a alumna continuará percibindo dita prestación ou subsidio integramente, sen que se reste nada polas horas realizadas de prácticas. Se pola contra, as prácticas formativas son incompatibles coa prestación ou subsidio, estes suspéndense a data do inicio da bolsa.

Aínda sendo compatibles ditas prácticas, a persoa interesada tamén pode, se o desexa, suspender a prestación ou subsidio por desemprego. Neste caso, poderá solicitar a súa continuación no prazo de quince días hábiles a partir do día que finalicen as prácticas