
Quero traballar por conta propia
Co fin de impulsar o emprego, existen unha serie de medidas ás que poden acollerse as persoas traballadoras desempregadas que perciben a prestación contributiva, sempre que reúnan unha serie de requisitos.
Trátase da capitalización da prestación cando pretendan realizar unha actividade económica nalgún dos seguintes ámbitos:
Constituíndo unha cooperativa ou incorporándose a unha xa constituída, como persoa socia traballadora, de forma estable.
Constituíndo unha sociedade laboral como persoa socia traballadora ou como persoa traballadora autónoma socia dunha sociedade mercantil ou incorporándose a unha sociedade xa constituída.
Desenvolvendo unha actividade como profesional liberal ou como persoa traballadora autónoma en calquera réxime da Seguridade Social.