ORIENTA IURIS 2016 - FEIRA DE EMPREGO XURÍDICO DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL

25 de novembro de 2016

Atención aos visitantes na caseta do SEPE

A Facultade de Dereito (Campus de Ourense) da Universidade de Vigo e o Concello de Ourense organizaron a primeira edición Feira de Emprego Xurídico de Galicia e Norte de Portugal, na que estivo presente cunha caseta o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).Celebrada o 25 de novembro de con 2016 o principal obxectivo de fomentar a empregabilidade dos alumnos e a realización de prácticas pre-profesionais, a feira concibiuse como un punto de encontro no que estudantes, titulados e profesionais do mundo do Dereito puidesen compartir as súas experiencias, interrelacionarse e mellorar as posibilidades de acceso ao mercado laboral.A feira estivo orientada tanto a estudantes como a egresados de titulacións de Dereito, así como a despachos de avogados, empresas e institucións do ámbito xurídico, ONGs e organismos públicos.A través de diferentes actividades participativas e expositivas, o foro permitiu aos alumnos deseñar estratexias para a procura activa de emprego, definir o perfil profesional máis adecuado ás demandas reais do mercado laboral, coñecer experiencias de profesionais do sector e porse ao día nos temas de actualidade no ámbito xurídico.Na zona de expositores, as entidades colaboradoras presentaron os seus programas de formación e carreira, iniciaron os seus procesos de selección e desenvolveron sesións de networking. Pola súa banda, os alumnos e titulados de Dereito puideron presentar os seus currículos e manter entrevistas de traballo.Nesta zona estivo situado a caseta informativa do SEPE, atendido permanentemente por persoal da Dirección Provincial do organismo en Ourense baixo a supervisión do seu Director Provincial, José Pérez Igrexas. Nel informouse aos visitantes sobre o organismo, o Observatorio das Ocupacións, as modalidades de contratos, as medidas de fomento do emprego e o emprendimiento e o Portal Único de Emprego “Emprégache” .Paralelamente, durante toda a xornada celebráronse conferencias, debates, mesas redondas, microcharlas e talleres nos que diversos profesionais vinculados ao ámbito xurídico falaron sobre empregabilidade e actualidade do sector. A xornada finalizou cun seminario de desenvolvemento profesional para a empregabilidade de titulados de Dereito, no que os asistentes recibiron unha serie de pautas sobre como preparar e manter unha entrevista de traballo exitosa.