Sede electrónica

Teño que renovar a inscrición estando nun ERE ou un ERTE?

Se está a percibir unha prestación por desemprego, ten que cumprir unha serie de obrigasentre as que se atopa manter a inscrición como demandante de emprego na forma e datas que se determinen polo Servizo de Emprego Autonómico que corresponda ou, no seu caso o Servizo Público de Emprego Estatal de Ceuta e Melilla.

No entanto, no caso de procedementos de regulación temporal de emprego de suspensión ou redución de xornada, os servizos públicos de emprego poderán aprobar fórmulas que permitan a renovación da demanda das persoas traballadoras afectadas, sen necesidade de que comparezan na oficina de emprego.

En calquera das situacións, debe manter actualizados os datos do domicilio.

Máis información en: “Vinme afectado por un ERE ou un ERTE” e no espazo ERTE/REDEda web do SEPE.