INGRESEI EN PRISIÓN, PODO SEGUIR COBRANDO AS PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO? PODE COBRAR O MEU CÓNXUXE POR MIN?

O seu ingreso en prisión por cumprimento de condena implica a suspensión das prestacións por desemprego durante o tempo da condena agás se ten responsabilidades familiares e non goza de ningunha renda familiar cuxa contía supere o Salario Mínimo Interprofesional (SMI).

Para seguir cobrando a prestación deberá solicitar a continuidade da percepción na súa oficina de prestacións pedindo cita previa na Sede electrónica do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ou por teléfono .

Se se lle recoñece o dereito a seguir percibindo a prestación e ten o cobro domiciliado en conta bancaria, a prestación seguirase ingresando na devandita conta e non serán precisos máis trámites.

Pero se cobraba por portelo, deberá autorizar mensualmente ao seu cónxuxe para que cobre no seu lugar, achegando, entre outra documentación, o DNI/NIE de ambos e un documento que acredite que vostede se atopa en prisión.

El ingreso provisional en prisión (la llamada prisión preventiva) no conlleva la interrupción del derecho a la prestación o subsidio por desempleo.