COBRANDO PARO OU SUBSIDIO, ?PODO PARTICIPAR NOS PROGRAMAS MIXTOS DE EMPREGO E FORMACI?N DAS ESCOLAS TALLER E CASAS DE OFICIO?

A súa incorporación aos programas mixtos de emprego/formación das Escolas Taller e Casas de Oficio é incompatible coas prestacións por desemprego, xa que:

  • Na primeira etapa do proxecto, os alumnos e as alumnas menores de anos 25 reciben formación profesional ocupacional e teñen dereito a unha bolsa, que é incompatible coa prestación ou subsidio por desemprego.
  • Na segunda etapa, os alumnos e as alumnas que traballen complementan a súa formación en alternancia co traballo e a práctica profesional e son contratados ou contratadas na modalidade de contrato de formación, incompatible tamén coa prestación por desemprego.