PODO RENOVAR O PARO ENTRE CONTRATOS DE CURTA DURACIÓN? SERÍA MELLOR ACUMULAR PERÍODOS PARA UNHA NOVA PRESTACIÓN?

Cando finalice un contrato inferior a un ano e a súa prestación contributiva non se atope esgotada, unicamente poderá solicitar a continuación da mesma, o que suporá o dereito a percibir a prestación polo período que reste e coas bases e topes que correspondesen no momento da suspensión.

As cotizacións realizadas polo seu último traballo non afectan á duración da prestación que ten recoñecida, pero si se poderían ter en conta para o acceso a unha prestación posterior.

Non terá dereito a unha nova prestación por desemprego ata que se produza a extinción da prestación anterior, entre outras causas, porque se esgote ou por realizar traballos por conta allea de, polo menos, 360 días.

Por tanto, se quere solicitar unha prestación por desemprego nova, será necesario que desde que se interrompeu a prestación anterior, vostede realizase traballos de forma continuada ou interrompida, por conta allea, de duración igual ou superior a doce meses, pero sempre que non solicitase continuacións do cobro da prestación entre contrato e contrato.

A decisión sobre renovar ou acumular períodos dependerá das súas circunstancias persoais e familiares. Deberá ter en conta o tempo que quede por percibir da prestación suspendida, canto vaia a tardar en empezar a traballar de novo, a duración do futuro contrato e a comparación entre o importe que percibe pola prestación actual e o que podería percibir por unha nova.