SE INCUMPRO UNHA OBLIGACION COBRANDO O PARO OU O SUBSIDIO, QUE DOCUMENTOS PODO ACHEGAR PARA XUSTIFICALO?

Se incumpre as súas obrigacións como persoa beneficiaria de prestacións por desemprego, debido á súa asistencia a procesos de selección para unha oferta de emprego ou accións de formación, orientación, reconversión ou inserción profesional, poderá xustificar o incumprimento mediante certificado selado e asinado pola entidade correspondente.

Así mesmo, (pola súa relación co punto terceiro do artigo 37 e o artigo 45 do Estatuto dos Traballadores), poderán ser xustificadas todas aquelas situacións que se contemplan nos devanditos artigos para ausentarse do traballo, por exemplo, a incapacidade temporal (xustificada mediante documentación emitida polo Sistema Público de Saúde) ou o cumprimento dun deber público inescusable (mediante documento emitido polo órgano convocante).

Lembre que no o caso de incumprimento dunha obrigación que estea xustificado, ten que presentarse na oficina de prestacións de forma inmediata á finalización da causa que o provocou.