ESTOU A COBRAR O PARO E OLVID? RENOVAR A DEMANDA, ?QU? CONSECUENCIAS PODR?A TER NO MEU PRESTACI?N POR DESEMPREGO?

Para percibir as prestacións por desemprego é obrigatorio inscribirse como demandante de emprego e renovar a demanda mentres estea a cobrar ditas prestacións.

Se esquece renovar a demanda, iniciarase un procedemento sancionador por infracción leve que pode suporlle a perda dun mes de prestación. Se non volve renovala unha segunda vez, perderá tres meses. Se se repite unha terceira vez, perderá seis meses, e se por cuarta vez non renova, perderá a prestación.

Para estes casos de reincidencia non é necesario que o incumprimento sexa sempre do mesmo tipo (neste caso, non renovar a demanda de emprego). Por tanto, aplicarase esta escala a partir da primeira infracción, cando entre unha infracción leve e a anterior non transcorresen máis de días.. 365

Máis información en: Obrigacións, infraccións e sancións.