
Teño dereito a vacacións estando a cobrar unha prestación por desemprego?
Durante o período no que está a percibir prestacións por desemprego non é un traballador en activo, e por tanto, non ten dereito a gozar de vacacións.
Ademais, mentres cobra prestacións, ha de cumprir as súas obrigas de buscar activamente emprego, participar en accións que incrementen as súas posibilidades de traballar e comparecer ante a entidade xestora cando sexa requirido para iso.
Non obstante o anterior, ten a posibilidade de saír ao estranxeiro por tempo non superior a quince días naturais por unha soa vez cada ano, sempre que iso non implique incumprimento das súas obrigas