QUE É CERTIFIC@2?

Certific@2 é unha aplicación web que o Servizo Público de Emprego Estatal pon a disposición de empresarios, empresarias e persoas colexiadas profesionais para transmitir as seguintes comunicacións:

  • Certificado de empresa de cesamento da relación laboral.
  • Períodos de actividade laboral das persoas traballadoras fixas descontinuas e as afectadas por un expediente de regulación de emprego de suspensión ou de redución de xornada, permitindo á persoa traballadora, nestes casos, tramitar as continuacións da prestación sen ter que desprazarse ás oficinas.
  • Altas de prestacións de persoas traballadoras afectadas por expediente de regulación de emprego.
  • Comunicación previa de datos sobre despidos colectivos, suspensión de contratos y reducción de jornada, prevista en la Orden ESS/982/2013.

A través desta aplicación substitúese a entrega do certificado de empresa en formato papel á persoa traballadora para que o presente nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego Estatal. Permite reducir e simplificar os trámites,así como axilizar a continuación da prestación por desemprego para determinados colectivos de persoas traballadoras que teñen frecuentes períodos de actividade e inactividade.

A aplicación Certific@2 permite á súa vez ás empresas consultar os datos dos certificados de empresa enviados ao Servizo Público de Emprego Estatal, así como imprimir copias dos mesmos.