Sede electrónica

Subcontratáronme por medio dunha empresa de traballo temporal, cando a empresa usuaria prescinda dos meus servizos, teño dereito a cobrar o paro?

Se se extingue a relación laboral coa Empresa de Traballo Temporal (ETT) por finalizar o contrato de posta a disposición na empresa onde traballa, considérase situación legal de desemprego.

Por tanto, se ademais cumpre o resto de requisitos necesarios para acceder ás prestacións por desemprego, poderá ter dereito ás mesmas.

Pode ampliar información sobre os requisitos de acceso á prestación contributiva picando aquí

Pode solicitar a prestación por desemprego:

  • Presencialmente: na oficina de emprego que lle corresponda segundo o seu domicilio, previo pedimento de cita en Internetou chamando por teléfono .
  •  A través da Web do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), sempre que dispoña de certificado dixital, DNI electrónico ou usuario e contrasinal cl@ve.