PARA ACCEDER AO SUBSIDIO POR DESEMPREGO, TENSE EN CONTA O FILLO OU A FILLA DA MIÑA PARELLA, NON HABENDO CONVIVENCIA PERO SI OBRIGACIÓN DE ALIMENTOS?

O fillo ou a filla privativo do seu cónxuxe ou parella que non convive con vostedes, non se considera que está ao seu cargo, aínda que o seu proxenitor/a estea obrigado/á prestarlle alimentos.

Máis información sobre as responsabilidades familiares en relación ás prestacións por desemprego en: “Responsabilidades familiares".