Sede electrónica

Estou en situacion de maternidade / paternidade

 

Se o seu contrato finaliza mentres está de baixa por maternidade ou paternidade, continuará percibindo a súa prestación económica por nacemento e coidado de menor de 16 semanas ata a súa finalización. Nese momento pode solicitar a prestación ou subsidio por desemprego nos 15 días hábiles seguintes.

O período de baixa por maternidade ou paternidade, mentres vostede permanecese de alta na empresa, tense en conta como período de ocupación cotizada para acceder ás prestacións por desemprego, posto que neste período de descanso maternal ou paternal continúa a obrigación de cotizar mentres o contrato estea vixente.

La prestación por maternidad o paternidad la abona el Instituto Nacional de la Seguridad Social (INSS).

 

Requisitos

  • Estar afiliada o afiliado y en situación de alta o asimilada al alta en la Seguridad Social en un régimen que cotice al desempleo.
  • Atoparse en situación legal de desemprego .
  • Estar inscrito ou inscrita como demandante de emprego e manter dita inscrición mentres se reciba a prestación, así como cumprir o compromiso de actividade  que se inclúe na solicitude.
  • Para acceder á prestación contributiva hai que cotizar ao desemprego polo menos 360 días dentro dos 6 anos anteriores á situación legal de desemprego. Se vostede cotizou menos, poderá ter dereito ao subsidio por desemprego.
  • Non cumprir a idade ordinaria para xubilarse.
  • Non realizar unha actividade por conta propia ou traballo por conta allea a tempo completo, salvo compatibilidade establecida por un programa de fomento de emprego.
  • Non cobrar unha pensión da Seguridade Social incompatible co traballo.