INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

2020

Guia de Integración Laboral para Persoas con Discapacidade

As persoas con discapacidade conforman un grupo vulnerable e numeroso ao que a sociedade mantivo habitualmente en coñecidas condicións de exclusión. Este feito comportou a restrición dos seus dereitos básicos e liberdades condicionando ou obstaculizando o seu desenvolvemento persoal así como o goce dos recursos e servizos dispoñibles para toda a poboación e a posibilidade de contribuír coas súas capacidades ao progreso da sociedade.

A integración social das persoas con discapacidade é un dereito constitucional, e corresponde aos poderes públicos levar a cabo políticas que eliminen as barreiras que a impiden ou dificultan. A incorporación ao mercado laboral deste colectivo é un factor destacado para conseguir a súa plena integración.

Neste folleto resúmense os tipos de contratación e as axudas que se destinan á inserción laboral das persoas con discapacidade. Trátase dun compendio das medidas existentes ata o momento que pretende servir de guía tanto a empresas e institucións como aos traballadores.

icono descarga

Descarga esta publicación