SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO NO ÁMBITO LABORAL

2015

As reformas acometidas polo Goberno desde o inicio da lexislatura teñen entre as súas finalidades a de afrontar os cambios que necesita o noso modelo produtivo para situar a España nunha senda sustentable de crecemento e xerar empregos estables e de calidade.

Nunha contorna competitiva, con requirimentos cada vez maiores de cualificación dos traballadores, un modelo produtivo de éxito esixe un sistema de formación profesional para o emprego de calidade. Iso implica un sistema de formación que acompañe aos traballadores no seu acceso, mantemento e retorno ao emprego, así como na súa capacidade de desenvolvemento persoal e promoción profesional. Un sistema que promova a adquisición e actualización de coñecementos, que mellore as perspectivas de emprego estable e de calidade dos traballadores, así como a vantaxe competitiva das empresas e da economía española.

A regulación prevista na actual lei acomete unha reforma integral do sistema que garante o interese xeral e a necesaria estabilidade e coherencia que o sistema precisa. Esta reforma persegue catro obxectivos estratéxicos:

  • A garantía do exercicio do dereito á formación dos traballadores, empregados e desempregados, en particular, dos máis vulnerables.
  • La contribución efectiva de la formación a la competitividad de las empresas.
  • El fortalecimiento de la negociación colectiva en la adecuación de la oferta formativa a los requerimientos del sistema productivo.
  • A eficiencia e transparencia na xestión dos recursos públicos.