?MENTRES COBRO O PARO OU O SUBSIDIO, PODO REALIZAR ALGUNHA COLABORACI?N EN RADIO, PRENSA, CONFERENCIAS, ETC. POLA QUE ME PAGUEN?

As colaboracións en prensa, radio, etc., mentres está a cobrar a prestación por desemprego ou o subsidio por desemprego non obrigan a darse de alta nalgún dos réximes da Seguridade Social.

Aínda que as realice esporadicamente, debe comunicar ditas actividades ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) para que suspenda a prestación polo período que corresponda ás mesmas.

Debe facelo no quince días seguintes de percibir os ingresos:

A duración da actividade será a que declare ou xustifique documentalmente, salvo que non sexa posible dita xustificación, nese caso, calcularanse os días dividindo a retribución percibida entre a base máxima de cotización fixada para as persoas traballadoras autónomas.