Sede electrónica

Que circunstancias persoais ou familiares debo comunicar ao Servizo Público de Emprego Estatal se cobro o paro ou o subsidio por desemprego?

En xeral, deberá comunicar ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), en canto vaia a producirse, calquera circunstancia que supoña unha modificación da súa situación con respecto ao momento en que foi aprobada a súa solicitude de prestacións:

- A súa colocación (a tempo completo ou parcial).

- Se obtén ingresos que poidan supor pasar o límite individual esixido ás persoas beneficiarias de subsidio por desemprego,é dicir, o 75 % do salario mínimo interprofesional (SMI), excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Contías para este ano.

- O cambio da situación das persoas que compoñen a súa unidade familiar, se pode afectar o requisito de responsabilidades familiares para o acceso e mantemento do subsidio por desemprego: colocación ou perda do traballo, separación matrimonial, nacemento ou falecemento, etc.

- Variación do número de fillos ou fillas ao seu cargo que se tiveron en conta para a contía da prestación por desemprego. Exemplos: que un fillo ou filla cumpra 26 anos ou que obteña rendas propias superiores ao SMI, de forma que deixe de estar ao seu cargo, así mesmo, o nacemento ou o falecemento.

- Variación da súa situación persoal cando estea a percibir un subsidio por desemprego (matrimonio, viuvez, separación, etc.).

- A incapacidade temporal ou a maternidade ou paternidade.

- A incapacidade permanente ou outra pensión da Seguridade Social que poida ser incompatible coas prestacións.

- O cambio de domicilio, traslado de poboación, saída ao estranxeiro ou saída do ámbito de protección do subsidio agrario se é vostede unha persoa traballadora eventual do Sistema Especial Agrario da Seguridade Social.

Poderá comunicar calquera destes cambios en:

  • www.sepe.esse dispón de certificado dixital, DNI electrónico ou usuario e contrasinal cl@ve.