BONIFICACIÓNS E REDUCIÓNS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Contrato Indefinido para persoas con discapacidade

Contía anual da bonificación:

Discapacidade

  • Menores de 45 anos: homes, 4.500 euros; mulleres, 5.350 euros.
  • Maiores de 45 anos: homes e mulleres, 5.700 euros.

Discapacidade Severa

  • Menores de 45 anos: homes, 5.100 euros; mulleres, 5.950 euros.
  • Maiores de 45 anos: homes e mulleres, 6.300 euros.

Duración: durante a vixencia do contrato.

Conversión: durante a vixencia do contrato.

Vixencia da medida: indefinida.

Normativa: Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego.

Persoas con capacidade intelectual límite

Contía:bonificación de 1.500 euros ao ano.

Duración: 4 anos.

Vixencia da medida: indefinida.

Normativa:

Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego.

Disposición final primeira do Real Decreto-lei 11/2021, do 27 de maio, sobre medidas urxentes para a defensa do emprego, a reactivación económica e a protección dos traballadores autónomos.

Contrato Temporal de Fomento do Emprego para persoas con discapacidade

Rexistrados como demandantes de emprego.

Contía anual da bonificación:

Discapacidade

  • Menores de 45 anos: homes, 3.500 euros    ; mulleres: 4.100 euros.
  • Maiores de 45 anos: homes, 4.100 euros; mulleres: 4.700 euros.

Discapacidade Severa

  • Menores de 45 anos: homes, 4.100 euros    ; mulleres, 4.700 euros.
  • Maiores de 45 anos: homes: 4.700 euros    ; mulleres. 5.300 euros.

Duración: durante a vixencia do contrato.

Vixencia da medida: indefinida.

Normativa: Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego.

Contrato para a Formación en Alternancia para persoas con discapacidade

No suposto de traballadores discapacitados sen límite de idade.

Inscritos como demandantes de emprego.

Redución das cotas do empresario segundo o persoal da empresa en contía anual:

  • Empresas de menos de 250 traballadores: 100 %.
  • Empresas de 250 traballadores ou máis: 75 %.

No suposto de traballadores rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil será bonificación.

Duración: durante a vixencia do contrato.

Vixencia da medida: indefinida.

Normativa: Lei 3/2012, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral.

Contrato para a Adquisición da Práctica profesional e para a Formación en Alternancia se non se optou pola redución que marca a Lei 3/2012 para persoas con discapacidade

Redución do 50 % da cota empresarial por continxencias comúns.

Duración: durante a vixencia do contrato.

Vixencia da medida: indefinida.

Normativa: Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

Contratación Indefinida ou Temporal e Conversión de todos os Contratos Temporais por un Centro Especial de Emprego

Contía anual: bonificación do 100 % das cotas empresariais por todos os conceptos.

Duración: durante a vixencia do contrato.

Vixencia da medida: indefinida.

Normativa: Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego.

Conversión de Contratos Temporais de Fomento do Emprego, Contratos para a Adquisición da Práctica Profesional e de Formación en Alternancia en Empresas Ordinarias para persoas con discapacidade

Inscrits com a demandants d'ocupació.

Contía anual da bonificación:

Discapacidade

  • Menores de 45 anos: homes, 4.500 euros; mulleres, 5.350 euros.
  • Maiores de 45 anos: homes e mulleres, 5.700 euros.

Discapacidade Severa

  • Menores de 45 anos: homes, 5.100 euros; mulleres, 5.950 euros.
  • Maiores de 45 anos: homes e mulleres, 6.300 euros.

Duración: durante a vixencia do contrato.

Conversión: durante a vixencia do contrato.

Vixencia da medida: indefinida.

Normativa: Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego.

Contratos de substitución de persoa traballadora con desempregados con discapacidade para substituír a traballadores con discapacidade en situación de incapacidade temporal

Contía anual: bonificación do 100 % das cotas empresariais por todos os conceptos.

Duración: durante a vixencia do contrato.

Vixencia da medida: indefinida.

Normativa: Lei 45/2002, do 12 de decembro, de medidas urxentes para a reforma do sistema de protección por desemprego e mellora da ocupabilidade.

Cofinanciamento do Fondo Social Europeo

As bonificacións das cotas á Seguridade Social descritas poderán estar cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Catálogo de publicacións da Administración Xeral do Estado

http://publicacionesoficiales.boe.es

Edición realizada polo Servizo Público de Emprego Estatal
Condesa de Venadito, 9 . 28027 Madrid

NIPO: 120-22-011-6

Actualizado a xaneiro de 2023