ESTUDO PROSPECTIVO DO SECTOR HORTOFRUTÍCOLA EN ESPAÑA

2013

Estudios prospectivos sectores

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), a través do Observatorio das Ocupacións, realiza estudos sobre o mercado de traballo centrándose no coñecemento das actividades económicas e das ocupacións, así como nas tendencias e nas perspectivas de emprego, para coñecer cales son as actividades económicas que teñen mellores perspectivas de emprego a curto e medio prazo.

Este informe analiza o Sector Hortofrutícola abordando diferentes aspectos socioeconómicos e laborais relacionados coa situación actual, a tendencia do mercado de traballo e as perspectivas de emprego nos distintos ámbitos nacional, autonómico e provincial, co fin de brindar toda a información e o coñecemento dispoñible que poida ser de utilidade a todos axentes relacionados coas políticas de emprego, crecemento e mellora da competitividade.

Índice

  • Introdución e obxectivos do estudo
  • Metodoloxía
  • Caracterización do sector
  • Mercado de traballo do sector
  • Situación da hortofruticultura segundo os expertos
  • A formación relacionada co sector
  • Información das ocupacións
  • O perfil da oferta en internet
  • Anexos
  • Conclusións
  • Fontes e expertos consultados