Estudo prospectivo do sector de servizos avanzados ás empresas nas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) en España
2015
O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), a través do Observatorio das Ocupacións, realiza estudos sobre o mercado de traballo centrándose no coñecemento das actividades económicas e das ocupacións, así como nas tendencias e nas perspectivas de emprego, para coñecer cales son as actividades económicas que teñen mellores perspectivas de emprego a curto e medio prazo.
Este estudo elaborouse tendo en conta a posición clave deste sector na economía española, posto que xa non se concibe o desenvolvemento social e produtivo dunha sociedade avanzada sen a incorporación das tecnoloxías da información e as comunicacións, que contribúen a facilitar enormemente a realización de múltiples operacións empresariais, industriais e servizos para a comunidade en xeral de xeito máis eficaz e eficiente.
En canto ao emprego, o estudo aborda a evolución das ocupacións e as novas competencias que se van requirir aos traballadores, posto que o avance vertixinoso e a complexidade destas tecnoloxías están a xerar a necesidade de novos profesionais que dean resposta aos requirimentos do mercado.
Índice
- Introdución e obxectivos do estudo
- Metodoloxía
- Caracterización do sector
- Mercado de traballo
- Situación do sector segundo os expertos
- A formación relacionada co sector
- Información das ocupacións
- Conclusións
- Marco normativo
- Fontes e expertos consultados
Descarga esta publicación
- Estudo prospectivo do sector de Servizos Avanzados ás Empresas nas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) en España. 2015 PDF: 3 MB
- Estudo prospectivo do sector de Servizos Avanzados ás Empresas nas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) en España. 2015 (tríptico) PDF: 522 KB
- Prospective study of the Advanced Information and Communication Technologies (ICT) Services for Companies in Spain. 2015 (triptych) PDF: 514 KB