ESTOU EN EXCEDENCIA VOLUNTARIA NA MI��A EMPRESA. ?PODO COBRAR O PARO?

Se ao pasar á situación de excedencia voluntaria na súa empresa, solicita a prestación por desemprego, denegaráselle porque non ten situación legal de desemprego.

Se estando en excedencia voluntaria, traballa noutra empresa diferente e ao finalizar o seu contrato por causas alleas á súa vontade solicita a prestación por desemprego, podería ter dereito á mesma:

  • Se a duración da excedencia voluntaria non finalizou cando se produce a situación legal de desemprego. Neste caso, se a duración da prestación supera a da excedencia, cobrará a prestación ata que finalice dita excedencia. Nese momento a prestación suspenderase, xa que debe solicitar a súa reincorporación á empresa e esperar a súa resposta. Se a empresa manifesta a imposibilidade de aceptar a súa reincorporación por falta de vacante adecuada, ou denega a mesma nese momento pero admite o reingreso nunha data futura, poderá continuar percibindo a prestación por desemprego ata a data de reincorporación á empresa ou ata que a prestación finalice.

 

  • Se o prazo de duración da excedencia voluntaria xa transcorrese cando solicita a prestación por desemprego ou non estivese previsto un período mínimo de duración da excedencia concedida. Neste caso, é obrigatorio solicitar primeiro o reingreso na empresa. Mentres a empresa non lle responda, non é posible resolver a solicitude de prestación por desemprego, por non ter situación legal de desemprego. Se a empresa responde que nese momento non se pode reincorporar, xa tería situación legal de desemprego e poderíase resolver a súa solicitude de prestación.